Pontes de Ourense

O estado actual da base de datos* pode ser consultado aquí.

As capas vectoriais dispoñibles son:

Pontes (localización puntual). Pulsando sobre  obtense información
básica e o enlace à ficha de catálogo municipal.

Superficies (naquelas pontes que a teñan delimitada).

Contornos de protección

Hai que ter en conta que moitas pontes comparten contornos de protección con outros bens culturais protexidos.

As capas base dispoñibles son:

OpenStreetMap (© OpenStreetMap contributors).

Ortofotografía aérea de máxima actualidade do Plan nacional de ortofotografía aérea (© Instituto Xeográfico Nacional de España).

Cartografía catastral (© Dirección Xeral do Catastro).

No botón  poden ser seleccionadas as diferentes capas.

Os ficheiros GeoJSON e KML (SRC: EPSG 4326) cos últimos datos espaciais poden ser descargados aquí (GeoJSON) e aquí (KML).

ATENCIÓN:

Para que as consultas sexan o máis rápidas posibles é moi aconsellable desligar a capa de cartografía catastral até o momento de comprobar o contorno de protección (especialmente tendo en conta que a Dirección Xeral do Catastro non permite descargas masivas de porcións de cartografía e o WMS podería cortar durante un tempo a conexión a determinada IP).

O traballo sobre a que se basa a base de datos pode ser descargado aquí (Creative Commons Attribution 4.0 International License, Javier Sanjurjo Pinto, 2015).

*Hay que ter en conta que a base de datos foi comezada en 2015 e que o art. 38 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia afecta aos buffers xenéricos de 100 metros, xa que o contorno de protección redúcese a 50 metros no caso de BICs e a 20 metros no caso de bens catalogados cando se trate de elementos situados en solo urbano ou en solo de núcleo rural común; en todo caso, en tanto que os contornos definidos nos planeamentos municipais seguirían sendo os mesmos, só sería preciso comprobar o tipo de solo para os contornos subsidiarios e modificar a largura da área de influencia.

 

ACCESO AO VISOR

 

Toda a infraestrutura de datos foi creada mediante QGIS 2.8 en Debian GNU/Linux 8 e exportada ao formato GeoJSON. O visor funciona sobre OpenLayers 3.

Toda a información suministrada nesta web ten só carácter informativo, toda expectativa de dereito dependerá da consulta directa da normativa específica e non dos datos aquí recollidos.